O Fondo Galego celebra en Lugo as VI Xornadas Anuais de Cooperación o vindeiro 25 de xuño

 

Baiona, 21 de xuño de 2010. Co título ‘A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais’ celebraranse o vindeiro 25 de xuño na Deputación de Lugo as VI Xornadas Anuais de Cooperación promovidas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Dende 2004, este evento vén sendo un espazo de encontro dos diferentes axentes do sector, tanto públicos como privados, para abordar problemáticas comúns. Tendo en conta o contexto presente, os debates desta edición xirarán arredor de tres temas de actualidade: o novo Plan Director da Cooperación Galega, o papel das iniciativas de sensibilización e educación para o desenvolvemento no marco da crise, e mais a axuda de emerxencia en Galicia, tendo en conta o terremoto no Haití.

 

 

 A subdirectora xeral de Cooperación Ext