O Comité de Expertos da Fegamp analiza o documento da FEMP sobre as Facendas Locais

Data: 

martes, 17 Outubro, 2017 - 12:00

A Comisión de Análise das Facendas Locais reuníase na Fegamp para marcar as pautas de estudo do documento presentado pola FEMP sobre as Facendas Locais e avalado polo Comité de Expertos. A Comisión busa facer un informe compartivo entre este documento da FEMP e as "100 ÇPropostas" para un municipalismo xusto presentadas pola Fegamp no pasado mes de abril. A idea e ver as similitudes ente ambos documentos e destacar en líñas xerales as necesidades das EE.LL.

 

Na reunión estiveron presentes o o vicepresidente primeiro da Fegamp e alcalde de Cervo, Alfonso Villares,o  vicepresidente segundo da Fegamp e alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, o alcalde de Ares e membro da Executiva da Fegamp e doutor en Dereito e profesor na USC, Julio Ignacio Iglesias Redondo, o secretario xeral da Fegamp, Eduardo Ramonde, o director xeral da Fegamp, José Manuel Chapela, o coordinador da Fegamp, Raúl Fernández Iglesias, o técnico responsable da Área de Facendas Locais da Fegamp, Andrés Nuñez, o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario na USC e ex conselleiro e ex presidente do Consello de Contas entre 2007 e 2014, Antonio López, o secretario xeral da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro.