Data:
Información, prevención e sensibilización dende as entidades locais, con motivo do 8M.
Este manual está pensado como unha ferramenta útil para as mulleres e para todas aquelas persoas que así o precisen.
A Federación Galega de Municipios e Provincias presenta este recurso elaborado coa axuda de Red Talento Consultoras, e que está dispoñible na web en formato aberto e libre para que todo aquel que lle interese a poda consultar, descargar ou compartir; ademais para apoiar ás persoas que traballan nos concellos, nos servizos sociais, en educación, en saúde, en seguridade ou emprego, entre outros. A Fegamp pretende que esta Guía vaia un chanzo mais aló que as tradicionais declaracións institucionais e unha ferramenta para os 365 días do ano, non só para a lembranza do día 8 de marzo. Agora que se aproxima o 8 de marzo, Día Internacional da Muller e, polo tanto, xornada conmemorativa da Igualdade entre mulleres e homes, dende as entidades públicas, debemos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade sexan reais e efectivas.
Esta Guía de información, prevención e sensibilización dende as entidades locais recolle entre outras cuestións temas tan importantes como son:
- Os dereitos laborais específicos das traballadoras vítimas de violencia de xénero.
- A conciliación, un asunto público.
- O dereito de familia.
- Enderezos a nivel estatal, autonómico e local.
- Enderezos e datos de contacto dos Centros de Información á Muller de Galica (CIM).
- Glosario
Pode descargar nesta ligazón a Guía: https://fegamp.gal/sites/default/files/artigos/descargas/guiarecursosmullerescompressed.pdf