A Fegamp lamenta a morte do ex presidente da Deputación de Lugo Francisco Cacharro Pardo

Data: 

luns, 9 Marzo, 2015 (Todo o día)
Imaxe dos últimos tempos de Francisco Cacharro Pardo

A Fegamp expresa hoxe o seu máis fondo pesar polo pasamento do que durante 24 anos fora presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro Pardo. A Federación Galega de Municipios e Provincias quere destacar o intenso labor desenvolvido por Cacharro Pardo a prol do municipalismo galego e, nomeadamente, o pulo que lle deu á idea de crear o que hoxe é a Fegamp. A Federación ven de enviar á familia do tamén ex concelleiro de Lugo un telegrama, expresándolle a dor que produce a súa morte na familia do municipalismo galego. DEP.