A FEGAMP colaborará cos concellos que non tramitan as retiradas de puntos á DGT para resolver esta situación

Data: 

xoves, 11 Xaneiro, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2023.- Ante a situación coñecida recentemente pola que un numero importante de concellos con policía local non comunican á Dirección General de Tráfico (DGT) as infraccións de tráfico e as consecuentes sancións de retirada de puntos do carné de conducir da persoa infractora, desde a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) se vai manter unha reunión coa coordinadora da DGT en Galicia, Vitoria Gómez Dobarro, para coñecer en detalle todo o relacionado con esta situación.

Desde FEGAMP quérese contactar cos concellos que se atopan esa situación para que se resolva de acordo coas normas viegntes, e perseguindo o obxectivo de contribuír totalmente desde os concellos coa seguridade viaria, e evitarlles tamén a eses concellos os posible prexuízos administrativos.