O proxecto europeo EC4RURAL ten como prioridade asegurar que as comunidades rurais europeas participan e benefícianse da transición cara ás enerxías limpas a través da creación de comunidades enerxéticas.
Un ano despois do inicio do proxecto, o consorcio de EC4RURAL organiza esta semana en Tartu (Estonia) o seu segundo encontro xeral no que participarán as dez entidades socias.
Este cuestionario realízase coa finalidade de coñecer o interese e coñecemento dos veciños e veciñas, institucións, empresas e asociacións dos municipios que participan no proxecto EC4RURAL acerca das comunidades enerxéticas e, en xeral, das inici
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023.- Nesta xornada de presentación os 22 concellos galegos que van participar no piloto do proxecto EC4RURAL déronse cita na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para coñecer en maior detalle os obxectivos do proxecto e profundizar sobre o plan de traballo inmediato para promover a participación rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas.