Data:
Con data 4 de novembro de 2013 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) asinaron o “protocolo para o desenvolvemento do Pacto Local para a xestión do ciclo urbano da auga”. O obxectivo perseguido é sentar unhas bases de aplicación común que fagan posible unha homoxeneidade no tratamento e na ordenación dos servizos do ciclo integral da auga en Galicia, que garantan unha maior calidade e o cumprimento das determinacións da Directiva Marco da Auga.
Neste marco de colaboración Augas de Galicia organiza o Curso de xestión das Infraestruturas Municipais de Saneamento e Depuración, que vai dirixido principalmente aos técnicos municipais que teñan encomendado o control destas instalacións, así como aos alcaldes ou concelleiros con responsabilidades en materia de augas residuais.
O curso estrutúrase en dous bloques diferentes:
- Un primeiro bloque no que se abordará a normativa principal relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, así como o papel de Augas de Galicia no control da explotación.
- Un segundo bloque máis técnico, no que se abordarán os conceptos básicos na explotación dunha estación depuradora de augas residuais e os principais problemas.
A súa celebración terá lugar nas seguintes datas:
O día 10 de novembro, no Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela e os días 17, 24, 26 de novembro e 1 de decembro nas Delegacións Territoriais da Xunta de Galicia en A Coruña, Lugo, Ourense, e Pontevedra, segundo figura no programa que se adxunta.
Os interesados poderán asistir, previa inscrición, remitindo cuberta a ficha que se acompaña, antes do venres 6 de novembro, á seguinte dirección de correo electrónico: controldepuradoras.augas@xunta.es.
Calquera comentario, opinión ou dúbida sobre o proceso poden remitila á mesma dirección de correo electrónico ou ben chamar o teléfono de contacto 881999559.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 350.18 KB |
![]() | 59.08 KB |