Data:
Concellos e Valedora do Pobo poñen en común os procedementos e condicionantes no desenvolvemento das súas respectivas competencias e detectan os principais puntos de mellora no servizo á cidadanía.
No seo dun coloquio organizado pola Fegamp e a Alta Comisionada para a defensa dos dereitos dos galegos e galegas, destacáronse dificultades relacionadas co eido urbanístico, como as vivendas baleiras ou ocupacións do espazo público, a limpeza de fincas, as formas de relación da cidadanía coa administración e os problemas vinculados ás novas tecnoloxías como a falla de conectividade ou redes sociais.
Este encontro forma parte das iniciativas acordadas no convenio para estreitar a colaboración entre as administracións locais e a Valedora do Pobo. Tanto o vicepresidente da Federación, Alfonso Villares, como a Valedora, Mª Dolores Fernández, destacan a participación e bidireccionalidad do encontro, participado presencial ou telemáticamente por medio centenar de alcaldes e alcaldesas e os técnicos da institución autonómica.
As conclusións desta primeira xuntanza servirán para mellorar protocolos de actuación e abrir novas vías de traballo.
Ademais deste tipo de accións, o devandito convenio contempla o intercambio de información como resolucións, memorias, etc e outra serie de actuacións dirixidas a acadar para a cidadanía a máxima efectividade e transparencia na defensa do seu benestar e interese.