Data:
O Goberno e as Comunidades Autónomas acordaron impulsar unha nova edición extraordinaria dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino, financiada con 720 millóns de euros procedentes dos fondos de recuperación europeos Next Generation EU. O Programa de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos, é o instrumento principal de intervención da Administración turística española para impulsar a transformación dos destinos turísticos españois cara a sostibilidade. Plan financiado integramente a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR).
Prazo de presentación dende o 1 de abril ata o 17 de maio
Toda a documentación debe ser presentada a través da sede electrónica do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
E-mail para as consultas, dubidas ou incidencias relacionadas coa aplicación informática ou co proceso de envío do formulario: oficinavirtual@mincotur.es
E-mail para cuestións, consultas ou dubidas relacionadas co contido dos plans: planes.sostenibilidad@mincotur.es
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 1.48 MB |
![]() | 1.64 MB |