AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS SINGULARES ORIENTADOS Á MODERNIZACIÓN COMERCIAL EN ZONAS DE GRAN AFLUENCIA TURÍSTICA OU MUNICIPIOS CON RÉXIME DE LIBERDADE DE APERTURA. PRAZO: 03-07-2018

Data: 

martes, 29 Maio, 2018 (Todo o día) a martes, 3 Xullo, 2018 (Todo o día)

 

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España

Convocatoria pública para a concesión de axudas para a execución de Proxectos Singulares orientados á Modernización Comercial en Zonas de Gran Afluencia Turística ou Municipios con Réxime de Liberdade de Apertura.

Beneficiarios

Os beneficiarios das axudas poderán ser:

1. Comunidades Autónomas.

2. Concellos.

3. Deputacións e Cabidos.

4. Outras entidades e agrupacións de municipios recolleitos no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

5. Outras formas asociativas similares de ámbito local que conten cunha articulación xurídica específica con capacidade para operar neste ámbito.

As áreas comerciais urbanas e os equipamentos comerciais comerciantes polo miúdo deben estar localizados en Zonas de Gran Afluencia Turística ou municipios con réxime de liberdade de apertura.
 

Orzamento

O orzamento para o desenvolvemento das actuacións descritas na convocatoria ascende a 1.400.000 euros.

Os proxectos poderán desenvolverse naquelas Comunidades Autónomas que contan con dispoñibilidade de fondos FEDER correspondentes ao Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020: Andalucía, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Comunidad de Madrid, Estremadura, Galicia, A Rioxa e País Vasco.

Prazo

A data límite de presentación das propostas é o 3 de xullo de 2018.

Máis Información

As bases pola que se regula esta convocatoria pódense consultar na Web https://www.camara.es/convocatorias/convocatorias

 

 

Descargas: