AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E MELLORA DAS ÁRBORES E FORMACIÓNS INCLUÍDAS NO CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS. PRAZO: 31-01-2020.

Data: 

venres, 27 Decembro, 2019 (Todo o día) a venres, 31 Xaneiro, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

ORDE do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT804B). BDNS (Identif.): 488286.

Obxecto 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento MT804B).

 Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, incluíndo as corporacións locais, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.

2. Só se admitirá unha única solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cando unha mesma persoa ou entidade solicitante sexa propietaria de máis dunha árbore e/ou formación senlleira, deberá presentar unha única solicitude que abranguerá todas as árbores e/ou formacións para as cales se solicita a axuda.

Actividades subvencionables

a) Realización de podas e actuacións de formación e control da copa.

b) Aplicación de tratamentos fitosanitarios.

c) Accións encamiñadas á conservación e mellora do contorno.

d) Accións de divulgación e sinalización. 

e) Realización de estudos.

Ámbito temporal

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que foran efectivamente realizados desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2020.

En ningún caso se poderán ter iniciado as actividades antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. É condición indispensable que, con anterioridade ao comezo das actuacións, o Servizo de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente expida unha certificación de non inicio, para todas as actuacións subvencionables incluídas no artigo 2 agás as descritas na letra e), que será realizada de oficio a partir do momento da recepción da solicitude da axuda.

Contía da axuda

1. A axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables, fixándose un importe máximo de 4.500 euros de axuda por árbore e 8.000 euros de axuda por formación.

2. No caso de superación das dispoñibilidades orzamentarias poderán axustarse as contías á pro rrata entre todas as entidades beneficiarias. O réxime de rateo farase atendendo á puntuación obtida no proceso de valoración.

3. A contía das axudas está condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidade orzamentaria.

Prazo 

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 31 de xaneiro de 2020.

Descargas: