Data:
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2024.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, mantivo hoxe un encontro cunha delegación da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) encabezada pola súa presidenta, Mar García.
Dende AGA presentaron a súa proposta de modificación da Lei 7/2011, de Turismo de Galicia, para poder ampliar as posibilidades contempladas na norma, especialmente as relacionadas cos estacionamentos de autocaravanas nos concellos, para que poida ampliarse a máis dunha noite.
A secretaria xeral recibiu a información e indicoulles que se achegará á vindeira xuntanza de Voceiros e Voceiras da FEGAMP para avaliala e tomar unha posición.