ABERTO O PROGRAMA ERASMUS+ 2022

Data: 

luns, 29 Novembro, 2021 (Todo o día) a sábado, 31 Decembro, 2022 (Todo o día)

 

 

 

 

Cómo participar

A poboación destinataria de Erasmus + está formada principalmente por persoas activas nos ámbitos da educación, a formación e a xuventude: estudantes, estudantes en prácticas, aprendices, alumnado, educandas adultas, mocidade, voluntariado, profesorado universitario ou de outros niveis, formadores, traballadores no ámbito da xuventude e profesionais de organizacións.

O Programa chega a estas persoas a través das organizacións, institucións, organismos e grupos que articulan tales actividades tanto públicas como privadas a nivel local, rexional e estatal.

Da presentación e a xestión dos proxectos Erasmus+ encárganse a organización/institución de educación e formación que representan ás persoas participantes. Cando se selecciona un proxecto, a organización/institución de educación e formación que presentou a solicitude convertese en beneficiaria dunha subvención Erasmus+ asinando un convenio de subvención que lles da dereito a recibir apoio financeiro para a realización do seu proxecto (non se ofertan convenios de subvención a participantes individuais.

Admisibilidade

Calquera entidade pública ou privada que traballe nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte poderá solicitar financiación con cargo ao programa Erasmus+. Ademais os grupos de mocidade que traballan no ámbito da xuventude, aínda que non sexa necesariamente no marco dunha organización xuvenil, poderán solicitar financiación para mobilidade por motivos de aprendizaxe da mocidade ou traballadores do ámbito da xuventude, para actividades de participación xuvenil e para a acción para a inclusión DiscoverEU.

Accións

1. Acción clave 1 (AC1)  Mobilidade educativa das persoas

  • Mobilidade nos ámbitos da educación, formación e a mocidade

  • Actividades de participación xuvenil.

  • DiscoverEU: Acción para a inclusión.

  • Intercambios virtuais nos ámbitos da educación superior e a mocidade 

2. Acción clave 2 (AC2). Cooperación entre organizacións e institucións

  • Asociacións para a cooperación

  • Asociacións de cooperación

  • Asociacións a pequena escala

  • Asociacións de excelencia

  • Centros de excelencia profesional

  • Academias de Profesores Erasmus+

  • Acción Erasmus Mundus

  • Asociacións para a innovación

  • Alianzas para a innovación

  • Proxectos con visión de futuro

  • Desenvolvemento de capacidades na educación superior, a educación e a formación profesional, a mocidade e o deporte

  • Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro

3. Acción clave 3 (AC3). Respaldo o desenvolvemento de políticas e á cooperación

  • Mocidade Europea Unida

4. Accións Jean Monnet

  • Acción Jean Monnet no ámbito da educación superior

  • Acción Jean Monnet nos demais campos da educación e a formación

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon CONVOCATORIA 2022387.7 KB
PDF icon GUÍA (ESPAÑOL)4.78 MB
PDF icon GUÍA (INGLÉS)3.91 MB