2ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE INCENTIVOS A PROXECTOS SINGULARES EN MOBILIDADE ELÉCTRICA (MOVES PROXECTOS SINGULARES II). PRAZO: 24-11-2022

Data: 

luns, 3 Outubro, 2022 (Todo o día) a xoves, 24 Novembro, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Extracto da Resolución do 14 de setembro de 2022, do Consello de Administración de E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se establece a segunda convocatoria do programa de incentivos a proxectos singulares en mobilidade eléctrica (MOVES Proxectos Singulares II). BDNS (Identif.): 650039.

Obxecto

Concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos singulares de mobilidade eléctrica, segundo definición incluída no apartado 3 do artigo 2 das bases reguladoras do Programa MOVES Proxectos Singulares II.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios do programa:

a. Todo tipo de empresas con personalidade xurídica propia (Micro, Pequena, Mediana e Gran Empresa).

b. Universidades e centros privados de investigación e desenvolvemento, con personalidade xurídica propia.

c. Consorcios e agrupacións empresariais con ou sen personalidade xurídica propia. En caso de non contar con personalidade xurídica propia, a axuda concederase á entidade ou persoa xurídica que xestione a agrupación ou consorcio.

d. O sector publico institucional, a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público e as entidades de dereito privado vinculadas ou dependentes das Administracións Públicas e as Universidades Publicas e os seus centros adscritos con personalidade xurídica propia.

Bases reguladoras

Orde TEC/800/2021, do 23 de xullo do Ministerio para a Transición Ecolóxica, publicada en BOE nº 178 do martes 27 de xullo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria do Programa de incentivos a proxectos singulares en materia de mobilidade eléctrica (Programa MOVES proxectos singulares II).

Orzamento

1. A presente convocatoria conta cunha dotación orzamentaria máxima inicial de douscentos sesenta e catro millóns de euros (264 millóns de euros), que serán previamente transferidos a IDAE desde os Orzamentos Xerais do Estado da aplicación orzamentaria 23.50.420B.748 "AI IDAE. Para a promoción de enerxías renovables, eficiencia enerxética e mobilidade sostible. Mecanismo de Recuperación e Resiliencia".

Este orzamento será obxecto de financiamento co Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dado que o programa obxecto da presente convocatoria forma parte da Compoñente 1, Investimento 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia aprobado polas institucións europeas competentes.

2. Establécese un límite máximo de axuda, de 15 millóns de euros por proxecto e beneficiario, así como un investimento mínimo por proxecto de 100.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de axuda obxecto desta convocatoria e a súa documentación poderán presentarse desde as 9:00 h do día 3 de outubro de 2022 ata as 14:00 horas do día 3 de novembro de 2022.

Amplíase o prazo de presentación, de forma que, as solicitudes de axuda obxeto desta convocatoria poderán presentarse dende as 9:00 h do día 3 de outubro de 2022 hasta as 14:00 horas do día 24 de novembro  de 2022 (publicado no BOE Nº. 244, do 11 de outubro de 2022).

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 650039): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/650039

-No Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE): https://sede.idae.gob.es/

 

 

 

 

Descargas: