Campaña realizada con motivo do Día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller que se celebra o 25 de Novembro coa que queremos ofrecer de novo unha visión positiva e construtiva da relación de entendemento e comprensión que pode e debe ser posible entre os dou
Novas
O cartel, realizado pola ilustradora galega Laura Gómez, é personalizable para todos os concellos que poderán empregar o material divulgativo de forma gratuíta.
Ambas entidades asinaron un convenio para colaborar na mellora da implantación da administración electrónica nos concellos a través do Catálogo de Servizos Dixitais da Xunta
A campaña divulgativa constará de 10 vídeos con accións que de ser postas en marcha no día a día para conseguir unha redución na creación de residuos por parte da cidadanía. Os vídeos poderán ser empregados por todos os concellos galegos personalizados coa súa propia imaxe corporativa.
Tras coñecer desde a Fegamp que SOGAMA ten a previsión de realizar unha rebaixa do 10 % no canon que este organismo cobra aos concellos galegos (ligada a repercutir a rebaixa na taxa que os concellos cobran á cidadanía), a Xunta de Voceiros da Fegamp reunida hoxe en Santiago, aclarou que desde a óptica municipal non procede aceptar unha baixada non negociada senón imposta.
A xornada, que contou con 100 inscritos, foi realizada en colaboración co LIR e tiña como obxectivo dar lugar a sinerxías entre os axentes implicados na xestión residuos urbanos e promover a reflexión sobre a xestión de residuos entre a cidadanía.
A través dun convenio de colaboración firmado o 5 de novembro de 2018 entre a Fegamp, a Xunta de Galicia e UNICEF Comité Español, a Fegamp promoverá a implantación no eido municipal do programa Cidades CAI que motiva o desenvolvemento integral da infancia e adolescencia cun enfoque de dereitos e a creación espazos duradeiros de participación para eles.
Oito concellos galegos foron recoñecidos co distintivo Cidade CAI (Cidade Amiga da infancia) de UNICEF e outros dous foron premiados no certame de Boas Prácticas en Dereitos de Infancia e Política Municipal
O convenio achega case 4 millóns de euros aos concellos para financiar os programas asistenciais que desenvolven as 13 Unidades de Atención á Drogodependencia (UAD) que existen en Galicia.
O presidente da Fegamp na súa intervención no seo da “Semana Europea das Rexións e Cidades” en Bruxelas, e poñendo como exemplo a realidade galega, pediu a supresión da condición de ter máis de 20.000 habitantes para acceder a fondos europeos como os EDUSI destinados a desenvolvemento dos pobos e cidades.