Espazo de coordinación da atención ao pobo ucraíno

A emerxencia humanitaria provocada polo conflito en Ucraína demanda unha actuación coordinada das administracións e a sociedade

Neste espazo ponse a disposición das entidades locais galegas canta información recibe a Fegamp, coordinada coa Xunta de Galicia e o Goberno do Estado, sobre protocolos de actuación, procedementos administrativos e información xeral de utilidade para atención das persoas ucraínas desprazadas.

Así mesmo, neste espazo habilitaranse formularios de recollida de información sobre recursos habitacionais, axuda humanitaria a través de entidades desprazadas sobre o terreo, etc, a requirimiento dos departamentos do Goberno do Estado que están a coordinar a resposta da administración española a esta crise.

enlightenedSe vostede é cidadán e quere colaborar, aquí poderá atopar as canles habilitadas polas ONG para xestionar a súa aportación ou iniciativa. Aconséllase que a súa colaboración se desenvolva a través de vías robustas e oficiais co fin de garantir a eficia do seu esforzo e dar resposta ás necesidades da poboación ucraína desprazada coas máximas garantías. O seu concello poderá recoller a súa iniciativa e trasladala aos organismos de coordinación correspondentes.