Quen somos

O Foro Galego Local de Economía Circular é unha iniciativa promovida pola Fegamp e o Firec.

A Fegamp, á que están asociados os concellos galegos, as súas mancomunidades e as Deputacións provinciais, ten entre os seus fins facilitar intercambios de información mutua entre as súas entidades asociadas, constituír servicios de asesoramento e asistencia para os seus membros, organizar reunións, seminarios, congresos e xornadas de estudio e orientación. A través do impulso do FOGALEC, a Fegamp contribúe a crear un espazo común para debater e construir ao redor da xestión dos residuos e a economía circular no ámbito municipal.

O Firec, Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular da Universidade da Coruña, é un espazo interdisciplinar e intersectorial de intercambio de coñecemento entre profesionais e investigadores que interveñan directamente na aplicación da regulación de residuos, e pretende ser un instrumento para mellorar o coñecemento en materia de xestión de residuos, coa finalidade de contribuír ao mellor deseño e aplicación da política e o dereito dos residuos e da economía circular, nun marco de colaboración público-privada.

 

EQUIPA COORDINADORA DO FOGALEC
Coordinación de contidos do FOGALEC
Eduardo Ramonde Rodríguez J. José Pernas García
Secretario xeral da Fegamp

Profesor titular de Dereito administrativo UDC - Coordinador do Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular (FIREC) 

Secretaría técnica
Maite Barallobre Fernández  Lucía González Louro
Contacto: maite@fegamp.gal || lucia.gonzalez@fegamp.gal Teléfono 981 55 59 99