XUNTANZAS DA REDE MUNICIPALISTA SOLIDARIA - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

Data: 

martes, 30 Xaneiro, 2018 (Todo o día) a venres, 2 Febreiro, 2018 (Todo o día)

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convida a todas as Entidades Locais a participar nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria (RMS) , que está composta por todas as persoas que exercen a representación técnica e política dos Concellos/Deputacións sociais perante o Fondo Galego.

Estas reunións estarán enfocadas á difusión do Plan de Actividades 2018, polo que se explicará polo miúdo cada unha das actividades e se darán claves para facilitar a súa xestión.

Todos aqueles concellos que teñan interese en participar poden facelo, aínda non sendo socio do Fondo Galego. 

Os lugares e datas das diferentes xuntanzas da RMS son as seguintes, pero só se debe asistir a unha delas, a que máis cómoda lle resulte:

30/01/2018- Concello de Ourense. Sala de lectura do Centro Cívico Colón (Rúa Colón nº 18. 2º andar). 10:30h.

31/01/2018- Deputación de Lugo. Salón Verde da Deputación de Lugo (Praza San Marcos, 8- Lugo, 1ª planta). 10:30h.

1/02/2018- Deputación da Coruña. Sala de Prensa "Juanjo Gallo" da Deputación da Coruña. (Av. Porto da Coruña, 2, 6ª planta). 10:30h.

2/02/2018- Deputación de Pontevedra. Sala de Xuntas do Pazo Provincial (Avda. Montero Ríos, s/n. Planta baixa). 10:30h.

Prégase confirmación de asistencia no enderezo electrónico acorzo@igadi.org   

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Convocatoria das Redes Municipalistas242.3 KB