A Xunta presenta os contidos da nova Lei de Administración Local de Galicia á FEGAMP

Data: 

martes, 3 Febreiro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, Diego Calvo, reuníronse co obxecto de coñecer os contidos do proxecto da nova Lei de Administración Local de Galicia, tramitado recentemente polo Consello de Goberno da Xunta de Galicia.

Na reunión tamén participaron os vicepresidentes da FEGAMP, alcaldes de Poio e San Sadurniño e alcaldesa de Betanzos, Ángel Moldes, Secundino García e María Barral, respectivamente, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Os representantes do municipalismo galego recibiron a información dos contidos no proxecto, intercambiando pareceres e opinións sobre os mesmos, e achegando as aportacións que dende a FEGAMP tense aprobadas neste temp nos seus órganos para a reforma da Lei de Administración Local de Galicia vencelldas coa solución dos problemas de financiamento e competencias que padecen os concellos galegos.

Ademáis, o presidente da FEGAMP recordou que neste tempo que se ven anunciando a elaboración desta nova lei son numeroros os requrimentos de participación neses traballos dende o municipalismo galego, sendo esta reunión a primeira vez que se tivo oportunidade de abordar o asunto. Alberto Varela conta con poder estudiar en profundidade o contido do proxecto de lei e poder trasladar a valoración sobre o mesmo e as achegas que se decidan no seno da FEGAMP.