Data:
mércores, 17 Febreiro, 2016 - 10:30

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron na Coruña a primeira das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.
Asistiron á delegación territorial do goberno galego na cidade o vicepresidente executivo da Fegamp, Manuel Mirás; a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas e o subdirector de Urbanismo, Eduardo Sobrino.