Data:

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organizaron unhas sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo. O obxectivo é dar conta das principais novidades do texto normativo e responder ás posibles dúbidas que xurdan ao respecto.
Os relatorios están dirixidos principalmente a responsables de Urbanismo e/ou técnicos municipais. A eles asistirán a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, o subdirector de Urbanismo, Eduardo Sobrino e un representante da Fegamp.
A primeira das sesións será o mércores, 17 de febreiro na Coruña, coa presenza de Manuel Mirás, vicepresidente executivo da Fegamp. A relación de datas e lugares de celebración é o seguinte:
- 17 de febreiro (A Coruña): Delegación Territorial da Xunta (R/ Vicente Ferrer, 2).
- 18 de febreiro (Lugo): Salón de Actos Delegación Territorial da Xunta (Ronda da Muralla, 70)
- 22 de febreiro (Pontevedra): Salón de Actos Delegación Territorial da (R/ Fernández Ladreda, 43-9º)
- 23 de febreiro (Ferrol): Salón de Actos da Xefatura Territorial de Vicepresidencia da Xunta (Praza Camilo José Cela s/n)
- 24 de febreiro (Ourense): Salón de Actos Delegación Territorial da Xunta (Avda. da Habana, 79)
Todas as xornadas darán comezo ás 10:30 horas da mañá, ata as 12:30 horas. Prégase a confirmación previa dos asistentes no 981 555 999 ou no enderezo electrónico correo@fegamp.gal, especificando a xornada, o nome, o cargo e a entidade. A inscrición nas xornadas efectuarase pola provincia correspondente a cada concello solicitante, ata completar aforo, cun máximo de 3 persoas por municipio.