XORNADAS DE PRESENTACIÓN DA GUÍA DE COR E MATERIAIS DE GALICIA

Data: 

mércores, 24 Xaneiro, 2018 (Todo o día) a venres, 23 Febreiro, 2018 (Todo o día)

No marco da Estratexia da Paisaxe Galega, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, elaborou unha Guía de cores e materiais de Galicia, que ten por obxecto proporcionar uns criterios e directrices técnicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas, rururbanas e rurais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia.

Pode consultar esta Guía de Cor e Materiais de Galicia premendo aquí. 

En colaboración coa Fundación Laboral da Construción, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, organiza varias xornadas de presentación da Guía de cor e materiais de Galicia, abertas a todos os profesionais e cidadáns interesados na mesma. 

As datas e lugares de celebración detállanse a continuación:

A CORUÑA

05 de febreiro de 2018

Lugar: Fundación Laboral de la Construcción.Polígono Sabón, parcela 131 a. Arteixo

LUGO

23 de febreiro de 2018

Lugar: Fundación Laboral da Construcción. San Xoan do Alto, s/n. Vilaesteve

OURENSE

19 de febreiro de 2018

Lugar: Asociación de empresarios da Construcción. Rúa Padilla, 1-3. Ourense

PONTEVEDRA

07 de febreiro de 2018

Lugar: Fundación Laboral de la Construcción. Camiño da Raposeira, 24. Vigo

 

Prégase confirmación de asistencia por correo electrónico secretaria.iet@xunta.gal ou nos teléfonos 981-541 755 / 56.

 

Descargas: