Xornadas ´A compostaxe: experiencias prácticas´

Data: 

venres, 27 Novembro, 2015 - 09:00 a sábado, 28 Novembro, 2015 - 14:30

No marco da Semana Europea da Prevención de Residuos, estas xornadas pretenden ser un espazo para partillar experiencias en torno a redución e prevención de residuos, usando como ferramenta a compostaxe caseira e comunitaria. 

Todos os proxectos que se van expoñer son viábeis en calquera concello da Galiza, polo que estas xornadas son de especial interese para responsábeis municipais, preocupados pola xestión dos refugallos.

A este foro asistirán expertos en residuos da Galiza e outras zonas do estado como Euskadi e Catalunya, persoas e entidades cunha ampla experiencia na implantación de proxectos compostaxe caseira e comunitaria.

A asistencia é gratuita.

Máis información e inscricións aquí.