XORNADA TÉCNICA ISSGA: RISCOS LABORAIS EN CLÍNICAS VETERINARIAS

Data: 

venres, 6 Setembro, 2019 (Todo o día)
Xornada riscos laborais en clínicas veterinarias

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ten previsto celebrar o venres 6 de setembro, no Centro do Issga de Pontevedra, unha xornada técnica sobre "Riscos laborais en clínicas veterinarias", dentro do Plan de actividades formativas para 2019.

Nesta xornada preténdese enfatizar na conveniencia da prevención dos accidentes laborais e das enfermidades que sofren os profesionais do ámbito veterinario como consecuencia da súa actividade co fin de reducilos.

Identificaranse e avaliaranse os principais riscos laborais das distintas áreas de actividade da profesión, en particular as relacionadas coas clínicas veterinarias, e proporanse medidas correctoras que axuden a reducir os riscos.

Data da xornada: 06/09/2019
Hora de comezo: 10.00 horas
Lugar: Centro ISSGA - Pontevedra. Camiño Coto do Coello, 2 – 36812 Rande (Redondela)
Tel.: 886 218 100 Fax: 886 218 102
        issga.pontevedra@xunta.gal 
Inscrición: http://issga.xunta.gal/portal/contido/formacion/xornadas/pontevedra/curso_0033.html 

Data límite de inscrición: 6 de setembro de 2019

Pode descargar o programa da xornada a continuación

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada233.36 KB