Data:
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ten previsto celebrar o venres 11 de outubro, a partir das 9:30 horas no Centro do Issga de Pontevedra, unha xornada técnica sobre a "auditoría interna de PRL", encadrada dentro do Plan de actividades formativas para 2019.
Tomando como referencia a auditoría de sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo baseados en ISO 45001:2018, o obxectivo desta xornada é orientar aos asistentes sobre como se deben realizar auditorías internas, sen descartar o seu uso para auditorías externas, así como sobre a competencia e avaliación dos auditores e das actuacións dos auditados no proceso de auditoría.
Se desexa inscribirse nesta xornada técnica, prema aquí.
PROGRAMA
09.30 RECEPCIÓN DE ASISTENTES E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
09.45 PRESENTACIÓN
Representante do Issga / Consellería de Economía, Emprego e Industria
10.00 A VISIÓN DO INSST EN RELACIÓN COA XESTIÓN DA SST NA EMPRESA
Marta Muñoz Nieto-Sandoval. Coordinadora de área da Subdirección técnica. Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo
11.30 DESCANSO
12.00 ISO 45001:2018. SISTEMAS DE XESTIÓN DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Jonatan Fernández Puente. Aenor
13.30 COLOQUIO E PECHE
Representante do Issga / Consellería de Economía, Emprego e Industria