Xornada Sistema de Liquidación Directa Seguridade Social

Data: 

xoves, 4 Febreiro, 2016 - 11:30

O próximo día 4 de febreiro ás 11.30 h celebrarase en colaboración coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha xornada sobre o Sistema de Liquidación Directa para alcaldes/as, interventores/as e secretarios/as dos concellos da provincia da Coruña.

A Tesourería Xeral da Seguridade Social vén traballando nos últimos anos nun novo sistema de liquidación de cotizacións á Seguridade Social, o Sistema de Liquidación Directa (S.L.D.). A Lei 34/2014, de 26 de decembro, de medidas en materia de liquidación e ingreso de cotas da Seguridade Social publicada no B.O.E. do 27/12/2014, regula e converte en realidade este novo sistema de liquidación que substituirá de forma progresiva o tradicional sistema de autoliquidación (Sistema RED) por un novidoso sistema de facturación para empresas e profesionais (S.L.D.), que afecta tamén de forma directa aos concellos.

Polo dito estimamos que esta xornada resulta de especial interese para todos aqueles responsables dos concellos encargados das cotizacións da Seguridade Social, sexan estes persoal do concello ou estea externalizado o Servizo.

XOVES 4 DE FEBREIRO (11.30 HORAS)

POÑENTES:

Concepción Nieto Roig, Subdirectora Provincial de Xestión Recadatoria da Tesourería Xeral da Seguridade Social
José Manuel Centoira Freire,  Xefe da Unidade de Atención ao Usuario do Sistema Rede

LOCALIZACIÓN:

Salón de Actos da Fegamp . Rúa Varsovia, portal 4C- 6ª planta. 15707 Santiago de Compostela

Polo limitado do aforo pregamos confirmen asistencia: 981 555 999