XORNADA ON-LINE “PLANS DE ACCIÓN LOCAL SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO"

Data: 

luns, 23 Novembro, 2020 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias organiza esta Xornada que debido á actual situación de alerta sanitaria pola que estamos a pasar, se levará a cabo mediante videoconferencia e se celebrará o luns 23 de novembro a partir das 9:30 horas, vía ONLINE. Tamén poderá serguirse e participar no debate final a través das redes sociais da Fegamp facebook.com/Fegamp e @fegamp

Esta xornada de formación vai dirixida a técnicos e persoas interesadas no problema da violencia machista. É unha charla-coloquio que abordará a realidade das vítimas en medio das medidas pola pandemia da COVID19, a situación dos CIMs na nosa comunidade e as políticas e novos programas de prevención, concienciación e asistencia. Este acto de carácter formativo por inscrición estará aberto a través das redes sociais da Fegamp a todo o público que poderá participar no debate final.

Para participar debe realizar a súa inscrición con carácter gratuíto no seguinte enlace: http://www.fegamp.gal/content/inscricion-xornada-line-plans-de-accion-local-sobre-violencia-de-xenero-0

A continuación pode descargar o programa da xornada.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon 201123xornadaplansdeaccionprograma.pdf284.88 KB