XORNADA INFORMATIVA SOBRE A MANIFESTACIÓN DE INTERESE EN POTENCIAIS USOS E PROXECTOS RELACIONADOS CO HIDRÓXENO DE ORIXE RENOVABLE CON APLICACIÓN EN GALICIA

Data: 

xoves, 20 Maio, 2021 - 09:00 a venres, 18 Xuño, 2021 - 14:00

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia lanza, a través do Instituto Enerxético de Galicia, un proceso polo que invita a empresas, clusters, asociacións e entidades públicas a manifestar o seu interese no desenvolvemento de proxectos ou iniciativas asociadas á cadea de valor industrial do hidróxeno renovable en Galicia.

O obxectivo desta Manifestación de Interese é a definición das liñas estratéxicas de actuación no eido do hidróxeno de orixe renovable en Galicia, así como identificar potenciais usos e demandas das entidades locais: flotas de vehículos, usos enerxéticos en edificios e instalacións municipais, etcétera.

 

enlightenedXORNADA INFORMATIVA: Para coñecer máis polo miúdo o que se espera desta manifestación de interese e a súa potencialidade para a captación de fondos, o mércores día 26 de maio en horario de 13:00 a 14:30 h celebrarase unha xornada informativa on-line. Para asistir é necesario rexistrarse a través seguinte ligazón antes do vindeiro luns día 24 de maio ás 12:00 h: https://appsinega.xunta.gal/eformacion/login/signup.php? 

 

enlightenedPRAZO DE PRESENTACIÓN DAS MANIFESTACIÓNS DE INTERESE: As Manifestacións de Interese deberán presentarse ata o 18 de xuño de 2021  (inclusive) e deberán enviarse ao Instituto Enerxético de Galicia ao enderezo de correo electrónico mdih2galicia.inega@xunta.gal.

enlightenedACCEDA A MÁIS INFORMACIÓN E AOS MODELOS DE PRESENTACIÓN DAS MDI AQUÍ.

 

Poden contactar co INEGA: