Data:
Esta xornada organizada pola Fegamp, abordará os aspectos máis relevantes sobre a xestión da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos (FORSU), a través de ponencias da Xunta de Galicia, SOGAMA, o Complexo Medioambiental do Barbanza ou a Deputación de Ourense. Ademais, na mesa de intercambio de experiencias locais daranse a coñecer iniciativas que se están a desenvolver desde diversos concellos, consorcios e deputacións provinciais.
Vai dirixida a persoal ao servizo das administracións públicas, alcaldes, concelleiros e interesados en xeral.
Data: 9 de maio de 2018
Lugar de celebración: Auditorio 1. Edificio Cinc. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Inscricións ata o luns 7 de maio. PRAZAS LIMITADAS
Formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/hcSTS2d30amZuGlL2
Máis información e consultas: 881 998 016