Xornada: A fiscalidade na xestión dos residuos municipais - Vías para unha aplicación efectiva

Data: 

mércores, 14 Novembro, 2018 - 10:00 a 13:00
Xornada fiscalidade residuos

Nesta xornada organizada pola Fegamp e dinamizada polo Laboratorio de Ideas sobre Residuos, farase unha revisión da fiscalidade da xestión do lixo nas entidades locais, abordaranse estratexias prácticas para deseñar unha fiscalidade capaz de cubrir os custos do servizo e coñecerase o modelo fiscal aplicado polo concello de A Coruña e da Deputación de Pontevedra. 

Nos diversos espazos nos que participa a Fegamp, é tema recorrente de debate a disparidade das taxas de xestión de residuos urbanos e o balance económico deficitario da prestación do servizo. Así pois, cremos que  é necesario dar un paso adiante e promover a reflexión e o aproveitamento de sinerxías entre os concellos galegos para que afronten unha revisión das súas estratexias de xestión dos residuos urbanos e que valoren implementar actuacións que lles permitan prestar un servizo de calidade e economicamente sostible. 

Vai dirixida a persoal ao servizo das administracións públicas, alcaldes, concelleiros e interesados en xeral.

Data: 14 de novembro de 2018

Horario: 10:00 a 13:00 horas.

Lugar de celebración: Salón de actos do Edificio Cersia. Rúa do Alcalde Raimundo López Pol. Santiago de Compostela.

Como chegar ao Edificio Cersia.  (A rúa do Alcalde Raimundo López Pol é peonil. Suxírese estacionamento no Estadio San Lázaro ou no Palacio de Congresos.)

Inscricións ata o martes 13 de novembro. PRAZAS LIMITADAS

Para inscribirse cubra este Formulario de inscrición.

Máis información e consultas: 881 998 016

Descargas: 

ArquivosTamaño
Image icon PROGRAMA DA XORNADA131.07 KB