XORNADA EN LIÑA: FERRAMENTAS PARA A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

Data: 

xoves, 8 Abril, 2021 - 09:00

A Oficina Española de Cambio Climático e a Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, organizan esta xornada en colaboración coa Xunta de Galicia e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), no marco do proxecto  LIFE  SHARA (Sensibilización e coñecemento para a adaptación ao cambio climático).

Esta xornada celebrarase o próximo 8 de abril de 2021, en horario de mañá e en formato en liña, a través da plataforma  zoom.

Para inscribirte por favor completa este formulario antes das 14:00 horas (hora peninsular) do 6 de abril.
 
Debido a que o número de prazas é limitado, 75 máximo, seleccionarase por orde de inscrición e poñerémonos en contacto cos admitidos para confirmar a admisión e enviarvos a ligazón correspondente para acceder á xornada.