Data:
A FEGAMP e a Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña,a Escola Galega de Administración Pública, e o Concello de Santiago de Compostela, estamos a organizar unha xornada titulada "Xornada de xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios” que se celebrará o vindeiro 21 de abril no Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela.
Obxectivo da xornada:
O obxectivo da xornada é analizar as competencias en materia deportiva que deben exercer os concellos pequenos e medianos de Galicia, valorar algunhas ferramentas de planificación e xestionen que melloren a calidade de prestación dos servizos deportivos locais e identificar as debilidades e problemas actuais da xestión deportiva municipal, e expor alternativas de futuro.
Xornada dirixida a:
A xornada está dirixida a Concelleiros/as e persoal técnico municipal responsable das áreas de deporte.
Prazo de inscrición:
É preciso que as persoas interesadas en participar na xornada se inscriban ata o 18 de abril, no seguinte enlace: http://www.agaxede.org/gl/jornada-municipio/
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Cartel | 329.07 KB |
Programa da xornada | 204.34 KB |