Data:
O Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais e para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias pón a disposición dos concellos adheridos e con plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, unha aplicación informática, XESBÍO 2, con diversas funcionalidades que permiten, entre outras, a xestión notificacións, anuncios, inspeccións, ou contratos das parcelas situadas en faixa secundaria.
Co obxecto de familiarizarse co seu manexo, aproveitar as súas potencialidades e atender ás dúbidas que poida ter o persoal técnico dos concellos encargado da xestión administrativa das faixas secundarias, vaise impartir unha xornada de teleformación no manexo de XESBÍO2.
As persoas interesadas poden ELIXIR O DÍA da súa preferencia entre os seguintes:
- 15, 22, 27 ou 29 de setembro, en horario de 10 a 11:30 h.
O aforo está limitado a 15 persoas por sesión.
A ligazón de conexión será enviada por Amtega.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN NA XORNADA DE TELEFORMACIÓN
Aqueles usuarios que esquezeran a súa clave de acceso a XESBÍO2 poderana solicitar no seguinte enderezo de correo electrónico: soporte-xesbio2@xunta.gal