Xornada de Intercambio de Experiencias - A Axenda Urbana nos municipios galegos de menos de 20.000 habitantes

Data: 

xoves, 1 Setembro, 2022 (Todo o día)

Tres concellos galegos de menos de 20.000 habitantes foron seleccionados para recibir unha axuda por parte do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana para a elaboración do Plan de Acción Piloto da Axenda Urbana Española: Tui, Paradela e As Pontes de García Rodríguez.

Para dar a coñecer os resultados obtidos e os traballos realizados, celebrarase unha xornada, denominada As Axendas Urbanas nos municipios galegos de menos de 20.000 habitantes, á que vos queren convidar desde o Concello das Pontes.

Nesta xornada, os tres Concellos intercambiarán experiencias do proceso e sinalarán as prioridades de intervención que definiron durante estes meses de traballo.
Por parte das distintas administracións compartiranse os posibles escenarios de financiamento futuros ademais de sinalar a importancia das Axendas Urbanas para as convocatorias europeas en particular e a planificación urbana en xeral.

Terá lugar o xoves 1 de setembro ás 12:00h, celebrándose de maneira presencial no Auditorio Casa Dopeso (rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes) e poderá seguirse de maneira telemática a través de Zoom. Para poder asistir tanto en modalidade presencial como telemática é preciso inscribirse a través do seguinte formulario.

https://form.jotform.com/222352230346344

Para calquera dúbida ou consulta, podedes poñervos en contacto a través do correo electrónico aspontes@axendaurbana.gal ou por teléfono no 604.070.701.