XORNADA DE DIFUSIÓN DA CREACIÓN E POSTA EN MARCHA DAS COMUNIDADES ENERXÉTICAS DE RENOVABLES NO MEDIO RURAL

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, coa colaboración do Comité de Auga, Enerxía e Cambio Climático, organiza a XORNADA DE DIFUSIÓN DA CREACIÓN E POSTA EN MARCHA DAS COMUNIDADES ENERXÉTICAS DE RENOVABLES NO MEDIO RURAL.

Terá lugar no salón de actos da Fundación Barrié, na Coruña, o venres 18/11/2022, pola mañá.

As comunidades enerxéticas son entidades xurídicas, baseadas na participación aberta e voluntaria, autónomas e controladas por socios ou membros situados nas proximidades dos proxectos de enerxías renovables das que sexan propietarios e que teñan desenvolvido.Os seus socios ou membros poden ser persoas físicas, pemes, autoridades locais (incluídos concellos)

O motivo de realizar esta xornada é porque creemos que a creación de comunidades enerxéticas locais en Galicia axudará a combater o cambio climático, a través da produción de enerxía renovable, e será un factor de desenvolvemento dos municipios da contorna rural, favorecendo a implantación dunha economía local sostible e circular.

Queremos aproveitar esta actividade para coñecer en profundidade que son as comunidades enerxéticas de renovables: como se constitúen, como se financian e como funcionan. Para iso, construímos dúas mesas, un primeira, de carácter máis técnico, e unha segunda na que recolleremos as opinións dos que serán os protagonistas da implantación das comunidades enerxéticas de renovables en Galicia.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa298.78 KB