Xornada: A actividade da Valedora do Pobo coas entidades locais galegas

Data: 

venres, 18 Marzo, 2022 - 10:00 a 12:00

 

A Valedora do Pobo e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinaron un Protocolo de colaboración para o desenvolvemento de iniciativas de cooperación e accións formativas entre ambas institucións para promover os seus intereses comúns.

No marco do protocolo citado, e co fin de afianzar as canles de comunicación e colaboración entre as entidades locais e a Valedora do Pobo, organízase a xornada “A actividade da Valedora do Pobo coas entidades locais galegas”, que se desenvolverá co obxecto de coñecer polo miúdo as funcións da Valedora do Pobo no ámbito da administración local e os aspectos máis relevantes dos procedementos de supervisión inherentes ao exercicio das súas funcións.

A xornada terá lugar o vindeiro 18 de marzo ás 10:00 horas de xeito presencial na sede da Fegamp (aforo limitado), e a través de videoconferencia.

enlightenedPodes participar na xornada inscribíndote a través do  seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN, ata o día 17 de marzo ás 14:00 horas.

 

 

 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Carta invitación ás EELL282.66 KB