XIX EDICIÓN DO SALÓN DA FRANQUICIA E OS NEGOCIOS

Data: 

venres, 22 Febreiro, 2019 (Todo o día)
Logo franquiatlántico

FranquiAtlántico, o Salón da Franquicia & Negocios con sede en Vigo celebrará a súa XIX Edición o 22 de Febreiro na SEDE DO REAL CLUB CELTA – SALÓN REGIO, C/ Velázquez Moreno 30, esquina con la Calle del Príncipe.

A seguridade que brinda o sistema de franquicia para ser empresario independiente, formando parte dunha ampla estrutura con experiencia na organización empresarial, é unha opción cada vez máis demandada por aqueles que ambicionan convertir a súa idea empresarial nun negocio de éxito.

O Salón FranquiAtlántico é a vía máis útil de coñecer as últimas novidades e de obter información sobre as franquicias que planifican a súa expansión na nosa área xeográfica.

A concentración empresarial que se produce no Salón FranquiAtlántico, permite acceder nun mesmo espacio e en pouco tiempo á maior oferta do sector.

Poderá asistir aos actos paralelos, que son fonte indiscutible de información sobre as tendencias e evolución do sector, todo elo no Foro da Franquicia Emprende organizado pola AEF.

O Salón FranquiAtlántico é o mellor foro comercial onde poder encontrar nun mesmo sitio e nun só día a maior oferta de negocios franquiciados e oportunidades de negocio.

É un espazo que permite aos visitantes interesados no sector conversar directamente con distintas franquicias, tanto nacionais como internacionais, comparar sectores, coñecer novos modelos de negocio.

Máis información e inscrición para acceder de forma gratuíta: http://www.franquiatlantico.com/visitantes.php 

FranquiAtlántico é a mellor proposta para comezar un bo negocio.
Acude a Vigo e elixe o teu www.franquiatlantico.com

Descargas: