XII EDICIÓN DE LOS PREMIOS DE EXCELENCIA A LA INNOVACIÓN PARA MUJERES RURALES

O Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación convocou a XII edición de los Premios de Excelencia a la Innovación para mujeres ruralesComo en anos anteriores, esta iniciativa busca poñer en valor o traballo e os proxectos de vida das mulleres no noso medio rural e o imprescindible labor que realizan para manter e revitalizar estes territorios, a través do recoñecemento de proxectos excelentes, orixinais e innovadores.

Na convocatoria deste ano, que conta cunha dotación total de 150.000 euros, recoñécense catro categorías, en cada unha das cales se outorga un primeiro, segundo e terceiro premio:

1. “Excelencia á innovación na actividade agraria”

2. “Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola”

3. “Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais”

4. “Excelencia á comunicación”

A estas categorías súmase o Premio especial pola traxectoria vinculada ao apoio ás mulleres no medio rural, cun recoñecemento de carácter honorífico.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Premios excelencia 2021283.17 KB
PDF icon Cartel144.04 KB