WEBINAR : OPORTUNIDADES DE EMPREGO E PRÁCTICAS EN COMERCIO EXTERIOR

Data: 

xoves, 25 Xuño, 2020 (Todo o día)
WEBINAR IGAPE - EMPREGO E PRÁCTICAS EN COMERCIO EXTERIOR

A Fundación Galicia Europa organiza o próximo xoves 25 de xuño ás 16.00 h, un webinar dirixido á mocidade galega sobre Oportunidades de emprego e prácticas en Comercio Exterior. Ten como obxectivo formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial para realizar labores de investigación. Bolsas de promoción exterior do IGAPE.

Cunha hora de duración, esta sesión contará coa participación do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e bolseiros da mesma que nos transmitirán a súa experiencia. 

http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=239&idTe...

Agradecen difundir o evento, nas redes sociais coa etiqueta # EuroXuventude . A continuación pode descargar o banner en galego para as diferentes redes (Twitter e Facebook).