Visita ás instalacións da Comunidade Enerxética de Xermade - Proxecto CELRURAL

Data: 

mércores, 29 Xaneiro, 2025 (Todo o día)

O pasado 29 de xaneiro de 2025, María Lamelas, técnica de proxectos da FEGAMP visitou ás instalacións da comunidade enerxética constituída recentemente no concello de Xermade. Estivo acompañada por José Prieto, tenente alcalde, representante municipal na CER e por Ernesto Ares, secretario da CER. A comunidade enerxética foi constituída en setembro baixo o nome de XERando. As instalacións executáronse tras un proceso de licitación en decembro de 2024 por un importe de uns 50.000 euros.

A FEGAMP e o concello de Xermade forman parte da comunidade enerxética como socios institucionais. Ademais xa conta con 42 socios entre veciños, PEMES e unha comunidade de montes. A instalación realizouse na nave municipal do polígono e conta con 80 módulos fotovoltaicos para unha potencia pico de 40 kWp.

Actuación enmarcada no proxecto CEL RURAL cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027