Verde que te leo verde 2021

Con motivo do Día Internacional de Libro Infantil e Xuvenil o 2 de Abril actualizouse esta recompilación de literatura relacionada coa natureza e o medio ambiente, para seguir animando á lectura e, á vez, educar en temas ambientais, tan necesario nestes tempos de emerxencia climática.

Nesta tarefa embarcáronse varias bibliotecas da rede  RECIDA e outras municipais e públicas que se sumaron a este proxecto, coordinadas polo Centro de documentación do  CENEAM.

Na súa maioría son libros publicados desde 2016 ata a data de peche desta edición (marzo de 2021). As obras seleccionadas están recomendadas para lectores de 0 a 12 anos, en varias linguas do Estado español. Todas son obras literarias (contos, novelas, poesía…), non libros informativos, aínda que está claro que a través deles alcánzase coñecemento sobre o medio natural, ambiental e social desde outra perspectiva. Co fin de facilitar o seu uso e que resulte de utilidade á hora de traballar un tema concreto ou unha actividade de educación ambiental, realizouse un índice por idades e outro por idades asociadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS) de Nacións Unidas, Axenda 2030. Para realizar os resumos que aparecen, utilizáronse as páxinas web das editoriais e blogues literarios.

Arquivos: