Data:

ORGANIZA: Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e patrocinada pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Esta V edición da Xornada de Xestión Deportiva Municipal, levarase a cabo de novo mediante videoconferencia e celebrarase o Venres 23 de abril a partir das 09:30 horas, vía ONLINE.
Esta actividade naceu no ano 2017, como froito dun convenio firmado entre AGAXEDE e a FEGAMP, coa finalidade de presentar e desenvolver ferramentas de planificación e xestión para mellorar a calidade dos servizos deportivos locáis. Ademáis, coa idea de identificar e analizar as debilidades e problemas actuáis para plantexar propostas de futuro, estando dirixida a responsables técnicos e políticos do deporte nos concellos galegos e tamén ós clubes, federacións e demais entidades deportivas de Galicia.
Obxectivos:
- Analizar as características que configuran un municipio activo e como plantexar esta política.
- Coñecer as formas e medios de captación de patrocinio para financiar a actividade deportiva de interese municipal.
- Apoiar o deporte desde o concello, qué pode e qué debe subvencionar?
Data: Venres 23 de abril de 2021
MODALIDADE ONLINE
Inscrición: ata o 19 de abril (carácter gratuito). Prema aquí para inscribirse.
Programa e máis información: https://www.agaxede.org/gl/evento/2515/v-xornada-de-xestion-deportiva-para-pequenos-e-medianos-municipios-2021/
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 659.55 KB |