USC e FEGAMP colaboran na formación de expertos en administración local e xestión socio-educativa da inmigración



O reitor da USC, Juan Casares Long, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández Castro, asinaron este martes en San Xerome dous convenios de colaboración para a realización do Máster en Administración Local e do curso de experto en xestión socio-educativa da inmigración no eido local.  En concreto, trátase de regular o financiamento da oitava edición do Máster en Administración local –que dirixe a profesora Teresa Carballeira- e de todos os cursos que del se derivan: o XI Curso de especialización en Administración Local e o VI en Práctica Local; o terceiro de formación continua e de perfeccionamento de Contratación Pública, o quinto de experto en Dereito Urbanístico e Ordenación do Territorio e o terceiro en medio ambiente.  Segundo establece o