Data:
UNICEF Comité Galicia anuncia as normas e requirimentos necesarios para a obtención do selo Cidades Amigas da Infancia (CAI) e para o recoñecemento no Certame de Boas Prácticas 2017-2018. O selo CAI será outorgado a aqueles gobernos locais cunha xestión enfocada aos dereitos da nenez, mentres o Certame de Boas Prácticas premiará as accións e proxectos relacionados cos dereitos da infancia levados a cabo por concellos ou entidades sociais.
Os/as interesados/as en participar nesta convocatoria terán ata o 31 de xaneiro de 2018 para presentar as súas candidaturas e ata o 30 de abril para entregar a documentación precisa.
A concesión do selo CAI terá unha vixencia de catro anos e implica a sinatura dun convenio co goberno local, que comporta o compromiso de entregar un informe sobre a aplicación do Plan local de infancia. Os concellos poden optar á renovación da distinción pasados os catro anos.
As bases da convocatoria están publicadas na ligazón http://ciudadesamigas.org/convocatoria-unicef-ciudades-amigas-infancia/a