Data:
Santiago de Compostela, 29 de outubro 2018.- Segundo informou a Secretaría Permanente do Programa Cidades Amigas da Infancia, conformada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a Federación Española de Municipios e Provincias, o Instituto Universitario de “Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia" – IUNDIA- e UNICEF Comité Español, un total de 8 concellos galegos foron recoñecidos como Cidade Amiga da Infancia para o período 2018 – 2020. En concreto na comunidade galega foron nomeados na oitava edición dos Recoñecementos Cidades Amigas da Infancia os concellos de:
- Cabanas
- Carnota
- Moeche
- Ourense
- Porriño
- Redondela
- Teo
- Tomiño
Así mesmo, durante a reunión da Secretaría Permanente, concluíuse que 25 proxectos recibirían tamén os recoñecementos correspondentes como gañadores do IX Certame de Boas Prácticas en Dereitos de Infancia e Política Municipal e fallouse a favor de proxectos cuxo obxectivo principal é levar a cabo accións centradas na Convención sobre os Dereitos do Neno e dirixidos a impulsar o benestar da infancia e a adolescencia. No IX Certame de Boas Prácticas, fallouse a favor dos seguintes concellos da Comunidade de Galicia:
- Concello da Coruña: Proceso de participación “O Noso Patio”, na categoría de “Estratexias Innovadores de Participación Infantil e Adolescente”
- Concello da Laracha: Programa “ Harmoniza”, na categoría de “Campañas Efectivas Dirixidas á Mellora do Benestar da Infancia e da Adolescencia”
A cerimonia de entrega destes recoñecementos terá lugar en Oviedo, o 27 de novembro, e contará co apoio do Concello de Oviedo e a presenza das autoridades que outorgan os mesmos.
Listado completo dos Gobernos Locais Recoñecidos e proxectos premiados en https://ciudadesamigas.org/ciudades-infancia-2018/