ÚLTIMAS REUNIÓNS DA COMISIÓN EXECUTIVA E DO CONSELLO FEDERAL DO ACTUAL MANDATO (2015 – 2019)

Data: 

martes, 4 Xuño, 2019 (Todo o día)
Voceiros no Consello Federal primavera 2019

O presidente da Fegamp, Alfredo García, deu conta dos principais logros da Federación na Comisión Executiva e no Consello Federal celebradas na sede da Federación en Santiago. Estas dúas citas, levadas a cabo esta primavera, foron as últimas do mandato  (2015 – 2019), e pecharon un ciclo que estivo marcado pola unanimidade nas decisións e a posta en marcha de iniciativas que beneficiasen a todos os concellos independentemente da súa cor política, da súa situación xeográfica, ou do seu tamaño.

A Comisión Executiva despediu polo tanto o mandato no mes de marzo tras 4 anos de intenso traballo e tras moitos acordos e debates ás costas dos 17 alcaldes/esas que se teñen reunido cada mes na sede da Federación. Despedíronse non sen antes ofrecerse para reunirse  no caso que algún tema de importancia os requirise para unha xuntanza extraordinaria.

O Consello Federal 2019 contou tamén coa presenza de máis de trinta alcaldes e alcaldesas, que tiveron a oportunidade de expresar todas aquelas cuestións que lles preocupaban, marcando así a axenda da federación para os próximos anos, e as que serán a base dos relatorios da Asemblea da Federación que se celebrará o próximo mes de novembro.

A Xunta de Voceiros da Federación seguirá adiante co seu traballo e a celebración das reunións mensuais para traballar en todos os temas que aínda están por lograr ata a Asemblea Xeral da Federación que marcará a fin do mandato neste outono.

RESUMO OBXECTIVOS CONSEGUIDOS POLA FEGAMP (2015-2019)

1. As 100 medidas para mellorar o municipalismo acordadas na Comisión de Análise de Facendas Locais

•    Grupo multidisciplinar ( Universidade, técnicos das entidades locais e políticos)

•     A Comisión Executiva aprobou por unanimidade o 5 de abril de 2017 o informe desta comisión na que se contemplan 100 medidas para mellorar o municipalismo en catro grandes bloques: Financiamento Local Orzamento e gasto, Marco competencial e Planta local

2. PIE  (reclamación céntimo sanitario)

•     Tras o erro detectado pola Fegamp na liquidación definitiva do PIE 2014 foi presentado no Consello Territorial da FEMP e reclamado ao Goberno do Estado

•     Isto conseguiu un incremento de financiamento para as entidades locais galegas derivadas desta reclamación de  19,5 Millóns de Euros

3. Fondo de Cooperación Local (FCL)     

•     Mantense durante todo o período o Fondo base nos mesmos termos.

•     Nos últimos anos, e a través do Fondo Adicional, introducíronse criterios que teñan en conta diversas realidades específicas que podan xeran un custo extra en diversos grupos de concellos:

  • Gastos derivados dos centros de saúde que actualmente aínda son de titularidade municipal
  • Conservatorios a cargo dos concellos
  • Concellos con institucións penais
  • Cofinanciamento da Xestión da biomasa faixas secundarias
  • Criterios dispersión e envellecemento para concellos menores de 15.000 habitantes

3. Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES)              

  • Logrouse acordar un novo convenio que engloba o período 2019-2021 e no que as deputacións asumirán o 40 %, os concellos o 7,5 % e a Xunta de Galicia o 52,5 % do custe total do servizo 

 

  • O convenio conta con dúas grandes novidades:
    • Incremento anual do financiamento e desaparición dos fondos vinculados a rozas
    • Novo convenio concreta moito mellor as tarefas que poderán e deberán realizar os GES

 

4. Xestión da biomasa das faixas secundarias   

 

  • Establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa cun orzamento de 28,5 millóns de euros a repartir nos próximos 4 anos

 

  • Este convenio é un paso adiante para cumprir o obxectivo de que os núcleos de poboación estean protexidos en caso de incendios

 

  • O convenio ampliouse cunha addenda na que se recollen máis funcionalidades para os concellos como por exemplo o compromiso da Xunta de aportar axuda para a elaboración dos Plan Municipais de Defensa contra incendios Forestais ou a posta a disposición de ferramentas informáticas e administrativas

 

5. Cesión de Centros de Saúde de titularidade municipal           

 

  • Novo Convenio entre a Consellería de Sanidade- Servizo Galego de Saúde e os concellos para a asunción dos custos de mantemento dos Centros de Saúde co obxecto de promover entre os concellos o modelo de convenio de adhesión que simplifica os trámites a realizar con respecto ao anterior para que o departamento de sanidade asuma os 131 Centros de Saúde municipais que se comprometeu a xestionar

 

6. Patrimonio cultural   

 

  • Asinouse entre a Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria e a Fegamp, froito da colaboración entre as dúas entidades, un protocolo para promover a adhesión dos concellos ao convenio de habilitación para axilizar os trámites e mellorar os tempos que se necesitan para levar a cabo obras menores en bens integrantes das súas contornas xa que aproximadamente un 40% das solicitudes de obra que chegan aos concellos son para execución de obras menores polo que a tramitación municipal está a facilitar a realización destas obras en menor tempo e cunha xestión máis áxil

 

7. Cesión gratuíta de espazos da Cidade Cultura             

 

  • Firma do convenio, entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Fundación Cidade da Cultura, para o uso gratuíto dos espazos do GAIÁS polos concellos galegos

 

8. Convenio Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar     

 

  • Acordo Marco Fegamp e a Consellería de Política Social en relación ao Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar

 

9. Igualdade       

 

  • Acordo de colaboración para impulsar a Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero á que pertencen 178 Entidades Locais Galegas

 

  • Campaña #PoloBoTrato co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e campaña "De troula con sentido, as festas galegas libres de violencia sexista”, co COPG e a SX de Igualdade

10. Persoal municipal      

 

  • Creación dunha “Bolsa de Traballo” de habilitados nacionais para mellorar e facilitar a achega de secretarios, interventores e tesoureiros aos concellos

 

  • Centralización proceso selección policías locais: convenio coa AGASP podería delegar na Academia (o concello que así o desexara) o proceso para cubrir prazas de policías municipais

11. Campañas para uso gratuíto dos concellos    

 

  • Creación de campañas publicitarias coa posibilidade de ser personalizadas de forma gratuíta co nome dos propios concellos para o seu uso  (#PoloBoTrato, #ecoluciona, #FestasLibresdeViolenciaSexista)

 

12. Xornadas importantes en diversas materias 

•          Regulamento da Lei do Solo

•          Xornada sobre Traídas Veciñais

•          Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica

•          Xornada sobre Protección de Datos

 

13. Celebración Comisión Galega Cooperación Local       

  • Celebráronse dúas xuntanzas neste mandato (tras 8 anos sen convocarse)
Áltimas reunións da Comisión Executiva e do Consello Federal do actual mandato