Data:
Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
Extracto da Resolución do 14 de xullo de 2023, do Consello de Administración de E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se establece a terceira convocatoria do programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (PROGRAMA MOVES FLOTAS) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea -NextGenerationEU-.
BDNS (Identif.): 709246.
Obxecto
Concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros, segundo definición incluída no apartado 3 do artigo 2 das bases reguladoras do Programa MOVES FLOTAS.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios do programa:
a. Todo tipo de empresas con personalidade xurídica propia (Micro, Pequena, Mediana e Gran Empresa).
b. O sector publico institucional, a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
Bases reguladoras
Orde TED/1427/2021, do 17 de decembro do Ministerio para a Transición Ecolóxica, publicada no BOE nº 305 do mércores 22 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (Programa MOVES FLOTAS).
Orzamento
1. A presente convocatoria conta cunha dotación orzamentaria máxima inicial de trinta millóns de euros (30 millóns de euros), do orzamento do IDAE previamente transferido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de acordo co previsto nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 e Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, nos que se consignou dotación, respectivamente, nas partidas 23.50.420B.748 «Ao IDAE. Para a promoción de enerxías renovables, eficiencia enerxética e mobilidade sostible. Mecanismo de Recuperación e Resiliencia», e 23.50.42AB.748.03 «Ao IDAE. Para o Plan de incentivos á instalación de puntos de recarga, á adquisición de vehículos eléctricos e de pila de combustible e á innovación en electromobilidade, recarga e hidróxeno verde».
Este orzamento será obxecto de financiamento co Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dado que o programa obxecto da presente convocatoria forma parte da Compoñente 1, Investimento 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia aprobado polas institucións europeas competentes.
2. Establécese un límite máximo de axuda para os proxectos que se presenten ao programa de incentivos, sendo para a Actuación 1 definida en Anexo I da Orde TED/1427/2021 do 17 de decembro, de 500 vehículos por solicitude, así como un mínimo de 10 vehículos por solicitude. Para a Actuación 2 o número de puntos de recarga incentivados non poderá ser superior a número de vehículos incentivados e para a Actuación 3, establécese un límite máximo de axuda de 60.000 €.
3. As axudas serán incompatibles con outras subvencións ou axudas que puidesen concederse para a mesma finalidade, procedentes de calquera administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes de axuda obxecto desta convocatoria e a súa documentación poderán presentarse desde as 9:00 h do día 12 de setembro de 2023 ata as 14:00 horas do día 18 de outubro de 2023.
Só serán subvencionables os proxectos ou actuacións cuxa execución se inicie en data posterior á data de rexistro da solicitude de axuda.
Máis Información
-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 709246): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/709246
-No Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE)
-As solicitudes realizaranse a través do sistema telemático correspondente aloxado no Portal de Axudas da sede electrónica do IDAE (https://www.idae.es) onde se dispoñerán os medios electrónicos de axuda necesarios.