TERCEIRA CONVOCATORIA DO FONDO DA UNIÓN EUROPEA PARA AS CIDADES. PRAZO: 17 DECEMBRO 2021

Data: 

venres, 17 Decembro, 2021 (Todo o día)

O FONDO DA UNIÓN EUROPEA PARA AS CIDADES ABRE A TERCEIRA CONVOCATORIA DE AXUDAS

PRAZO: 17 DE DECEMBRO DE 2021

European City Facility (EUCF), un programa financiado pola UE que axuda aos concellos e autoridades locais a acelerar as inversións en enerxía sostible, ven de anunciar a terceira convocatoria de solicitudes. EUCF apoiará o desenvolvemento de 69 conceptos de inversión, con un orzamento total de 4,14 millóns de euros.  Na primeira edición, European City Facility financiou 30 conceptos de inversión en 14 países e na segunda resultaron elixidas 69 candidaturas de 19 países. Estes últimos están actualmente en proceso de sinatura dos seus acordos oficiais.

EUCF financia con unha subvención fixa de ata 60.000 euros para o desenvolvemento de conceptos de inversión, incluídos estudos de viabilidade (técnicos) e unha variedade de análises clave centrados nos seus proxectos e no mercado en xeral, as partes interesadas e aos aspectos legais, económicos e financeiros. A subvención non está destinada a financiar directamente inversións, senón que se utiliza para acceder a servizos e desenvolver un concepto de inversión que pode abrir portas para inversións de seguimento.

A convocatoria está aberta a todos os concellos, autoridades locais, mancomunidades e áreas metropolitanas.

Os solicitantes deben ter un plan climático e enerxético aprobado e demostrar un compromiso político co desenvolvemento do seu concepto de inversión a través de unha carta de apoio, asinada polo alcalde ou outros representantes políticos relevantes.

 

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 17 de decembro de 2021.

 

WEBINAR INFORMATIVO

https://www.eucityfacility.eu/support-at-national-level.html

Descargas: