«Taller práctico: Prevención e xestión de conflitos de interese na Administración Local de Galicia».

Data: 

martes, 26 Setembro, 2023 (Todo o día)

O Consello de Contas de Galicia ten asinados Protocolos de Colaboración con todas as Deputacións Provinciais de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias —FEGAMP— para a promoción de actuacións en materia de prevención de riscos de corrupción na administración local de Galicia.

No marco dos citados Protocolos de colaboración, prográmase a presente actividade formativa no ámbito da prevención do fraude e o fomento de marcos de integridade pública na xestión:

«Taller práctico: Prevención e xestión de conflitos de interese na Administración Local de Galicia».

Datas de realización: 26 de setembro de 2023

Horario: 9:00 a 14.30

Relatora principal: Concepción Campos Acuña

Lugar de realización: Sala de debates do Edificio CIEDUS da USC. Parque de Vista Alegre s/n. Santiago de Compostela

Inscrición: https://i.gal/tallercompostela

Destinatarios: Preferentemente representantes institucionais e empregados/as públicas da Administración Local de Galicia.

Programa: O desenvolvemento do taller estrutúrase en dúas partes. Unha primeira parte, na que se levará a cabo a exposición dos principais aspectos regulamentarios que afectan á xestión dos conflitos de intereses, cun enfoque práctico e directo, centrado na realidade operativa e funcional das entidades locais. A ditos efectos terase en conta tanto o marco normativo estatal, como autonómico, e as disposicións específicas en relación co sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), así como os aspectos de procedemento e xestión.

Na segunda parte, de 2 horas de duración, traballarase en grupos de 4/5 persoas, para a identificación, delimitación e comprensión da figura do conflito de interese, a xestión dos riscos asociados, as claves para a súa detección e resolución dos eventuais conflitos que puideran formularse e posta en común de conclusións para a aprendizaxe e implementación do procedemento de xestión. En particular, a metodoloxía aplicada levarase a cabo, dende a transferencia de coñecemento sobre a base de resolucións de órganos de control e xurisprudencia, e se abordarán casos que permitan interiorizar os contidos a abordar, para a mellor consecución dos obxectivos do Taller.

Descargas: 

ArquivosTamaño
Image icon PROGRAMA 766.02 KB