Subvencións para a recuperación de danos en infraestruturas municipais e rede viaria provincial e insular, polo que se declara ZAGEPC o territorio afectado por incendios forestais, incendio urbano, inundacións e outros fenómenos. Prazo: 08-10-2024

Data: 

venres, 20 Setembro, 2024 (Todo o día) a martes, 8 Outubro, 2024 (Todo o día)

 

Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática

Extracto da Resolución do 17 de setembro de 2024 da Secretaría Xeral de Coordinación Territorial, pola que se aproba a convocatoria das subvencións para a recuperación de danos en infraestruturas municipais e rede viaria provincial e insular, previstas no ACM do 5 de marzo de 2024, polo que se declara ZAGEPC o territorio afectado por incendios forestais, un incendio urbano, inundacións e outros fenómenos acaecidos entre o 21 de xuño de 2023 e o 26 de febreiro de 2024.

BDNS (Identif.): 785943

Obxecto

As subvencións destinaranse a financiar os proxectos directamente relacionados cos sinistros detallados no anexo da convocatoria, que executen os concellos, os consellos insulares, as deputacións provinciais ou as comunidades autónomas uniprovinciais, as comarcas e as mancomunidades nos termos municipais e núcleos de poboación, relativos ás obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal incluídos no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL), e da rede viaria das deputacións provinciais, dos consellos insulares ou, no seu caso, das comunidades autónomas uniprovinciais, dos danos producidos polos episodios que motivaron a declaración da zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil obxecto desta convocatoria.

Beneficiarios

Convócanse as subvencións para a recuperación de danos en infraestruturas municipais e rede viaria provincial e insular, previstas no apartado terceiro do ACM do 5 de marzo de 2024, vinculadas á declaración como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil (ZAGEPC) efectuada respecto do territorio afectado como consecuencia dos fenómenos meteorolóxicos adversos, os incendios forestais, os episodios de risco químico, a contaminación por pellets e o incendio urbano acaecidos nas comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Cantabria, Castela e León, Comunitat Valenciana, Galicia, Illes Balears e A Rioxa, que se relacionan no anexo da convocatoria, acaecidos entre o 21 de xuño de 2023 e o 26 de febreiro de 2024.

Nos termos previstos no artigo 5 da Orde HAP/196/2015, do 21 de xaneiro, terán a consideración de entidades beneficiarias das subvencións, as deputacións provinciais, os consellos insulares e a administración das comunidades autónomas uniprovinciais, cuxo territorio estea comprendido no ámbito de aplicación desta convocatoria; todo iso, sen prexuízo da condición de interesado que corresponda ás entidades que presenten as solicitudes.

Entidades solicitantes

1. As solicitudes presentaranse polas entidades que se indican a continuación, que executen os proxectos comprendidos no ámbito e fins desta convocatoria:

a) Para a reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal incluídos no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local:

• Polo concello do municipio afectado.

• Pola mancomunidade á que o concello do municipio afectado houbese atribuído a competencia relativa á infraestrutura, equipamento ou instalación e servizo.

• Pola deputación provincial, o cabido ou consello insular, ou no seu caso, a administración da comunidade autónoma uniprovincial, ou pola comarca, en virtude das súas competencias de asistencia e cooperación cos municipios, e a instancia do concello do municipio afectado.

b) Para a reparación ou restitución da rede viaria provincial e insular, pola deputación provincial, o cabido ou consello insular ou, no seu caso, a administración da comunidade autónoma uniprovincial do ámbito territorial afectado.

Bases reguladoras (BOE 12/02/2015)

Orde HAP/196/2015, do 21 de xaneiro, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións que teñan por finalidade a execución de obras de reparación ou restitución de: infraestruturas, equipamentos e instalacións e servizos de titularidade municipal e das mancomunidades, consecuencia de catástrofes naturais, así como redes viarias das deputacións provinciais, cabidos, consellos insulares e comunidades autónomas uniprovinciais.

Contía

O importe total máximo das subvencións a que se refire esta convocatoria é de 8.167.280,38 euros. A concesión das subvencións imputarase á aplicación orzamentaria 22.02.942A.767.04 dos PGE, nos termos que se prevén no apartado sétimo da resolución de convocatoria.

Aos proxectos subvencionables poderáselles conceder unha subvención de ata o 50 por cento do seu custo.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes formularanse polas entidades que executen os proxectos comprendidos no ámbito de aplicación da convocatoria, desde as 9:00 horas do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ata as 15:00 horas do día 8 de outubro de 2024.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 785943): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/785943

-O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática habilitará un espazo específico no seu portal da internet https://www.mptfp.gob.es (Subvencións a Entidades Locais) no que se difundirá información sobre estas subvencións.

-Obrigatoriamente deberanse cumprimentar e presentar de forma electrónica, a través da aplicación informática "AURA - Subvenciones a EELL ante catástrofes naturales", accesible desde a sede electrónica do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática https://sede.administracionespublicas.gob.es/ (Procedementos - Subvenciones), seleccionando o apartado dedicado a esta convocatoria. Para iso, é preciso que os representantes legais das devanditas entidades cumpran cos requisitos técnicos especificados na mencionada aplicación.

Descargas: